Santiago, 27 de outubro de 2016- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, marcou o calendario para a aprobación dos Orzamentos autonómicos de 2017, con dous grandes fitos: na primeira xuntanza do novo Goberno, aprobar o Proxecto de lei de teito de gasto, e no Consello do 1 de decembro, previsiblemente, dar o visto e prace ao Proxecto de lei de orzamentos, para que poida comezar a tramitarse na Cámara o antes posible.
Feijóo avanza que a Xunta implantará nos hospitais Álvaro Cunqueiro de Vigo e no Lucus Augusti de Lugo un sistema de localización e guiado de pacientes mediante unha aplicación móbil
Santiago, 27 de outubro de 2016- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Goberno galego vai implantar nos hospitais Álvaro Cunqueiro de Vigo e no Lucus Augusti de Lugo un sistema de localización e guiado de pacientes mediante unha aplicación móbil, que estará dispoñible para dispositivos que empreguen Android ou iOS de Apple.
Feijóo salienta o incremento da liña de axudas ata un total de 26 millóns de euros para os mozos que queiran incorporarse á actividade agrogandeira
Santiago, 27 de outubro de 2016- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o incremento da liña de axudas ata un total de 26 millóns de euros para os mozos de entre 18 e 41 anos que queiran incorporarse á actividade agrogandeira. “Aumentamos en 8 millóns de euros o orzamentos desta liña e pasamos de 18 a 26 millóns de euros para que ningún dos 657 mozos que a solicitaron, e que cumpren todos os requisitos, queden sen ela”, aseverou, subliñando que grazas a este incremento –“que bateu o record”-, será o ano co maior número de solicitudes aprobadas, o que representa unha suba do 350% respecto ao 2015.