Santiago, 3 de novembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe un programa piloto que mellorará a atención á parada cardiorrespiratoria fóra dos centros sanitarios mediante a coordinación dunha rede de voluntarios que a través dunha aplicación móbil enviará unha notificación cando se produza un suceso deste tipo nun lugar público da súa contorna. “Os voluntarios poderán auxiliar á persoa que sufre a parada mentres non chegan os servizos sanitarios”, sinalou Feijóo.
Feijóo destaca que tres de cada catro lumes que se deron na Comunidade na última década foron provocados
Santiago, 3 de novembro de 2016.- Logo de que a Consellería do Medio Rural presentase hoxe un informe no que se avalían as causas dos incendios forestais en Galicia, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mediodía na rolda de prensa do Consello que tres de cada catro lumes que se deron na comunidade na última década foron provocados –“é dicir, o 75% dos lumes forestais son intencionados”, aseverou- ; o 30% se iniciaron pola noite; un 8% comezou con máis dun foco de xeito simultáneo; e o 14% dos incendios concéntranse nas coñecidas como parroquias de alta actividade incendiaria, pese a supoñer só o 3,6% da superficie de Galicia.
Feijóo destaca que a Xunta destina máis de 4,2 millóns de euros a realizar melloras nas escolas infantís e nos puntos de atención á infancia autonómicos
Santiago, 3 de novembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Goberno galego destina máis de 4,2 millóns de euros a realizar melloras e obras de adecuación nas escolas infantís e nos puntos de atención á infancia da rede autonómica.
Tellado: “A Xunta prevía que a media do paro deste ano sería dun 17,4% e imos camiño de cumprilo”
Santiago, 3 de novembro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou os datos do desemprego do mes pasado destacando que “a Xunta prevía que a media do paro deste ano sería dun 17,4% e imos camiño de cumprilo”. Deste modo, puxo en valor que a nosa comunidade se sitúe a niveis de paro inferiores aos de outubro de 2009, é dicir, hai sete anos.