Santiago, 24 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a poñer en marcha accións orientadas a amosar as vantaxes de falar galego e apoiar os neofalantes que están pensando ou xa teñen decidido adoptar o galego como lingua de comunicación. “Estas accións tamén deberán axudar a combater os posibles estereotipos e prexuízos que poidan existir arredor da intencionalidade ou competencia lingüística de quen comeza a utilizar o idioma propio de Galicia, sen ser esta a súa lingua inicial”, manifestou o portavoz de Cultura, César Fernández.
O Parlamento aproba o novo regulamento de réxime interior do Consello de Contas
Santiago, 23 de febreiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou esta tarde o novo regulamento de réxime interior do Consello de Contas, “un órgano que depende directamente do Parlamento de Galicia pero que exerce as súas funcións con total independencia e someténdose ao ordenamento xurídico”, explicou a portavoz nesta materia do Grupo Popular, Cristina Romero.
Iniciado nas Rías Baixas un percorrido polas diferentes denominacións de orixe e indicación xeográficas protegidas galegas
Santiago, 23 de febreiro de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, xunto co tamén deputado popular José Silvestre Balseiros, iniciou esta mañá no Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas unha xira de visita ás diferentes denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas galegas para coñecer de primeira man as súas inquedanzas e recoller as súas propostas para a promoción destes produtos.