Santiago, 20 de marzo de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que “non imos utilizar a Comisión de Investigación sobre as antigas caixas galegas como un instrumento de liorta política” e asegurou que “temos a conciencia absolutamente tranquila porque Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que traballou por manter unha entidade domiciliada no seu territorio, cun impacto importante non só no crédito, senón tamén nos postos de traballo”.
O Grupo Popular solicita a declaración como BIC do Colexio de Nosa Señora da Antigua en Monforte
Santiago, 19 de marzo de 2017.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que realice os trámites necesarios para a declaración e inclusión do Colexio de Nosa Señora da Antigua na relación de bens de interese cultural de Galicia