Santiago, 31 de marzo de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, manifestou hoxe que a orde da Consellería que fixa as normas para os concertos educativos nos vindeiros seis anos “limítase a cumprir estritamente a lexislación vixente”. Deste xeito, criticou que os socialistas “pretendan que a Xunta incumpra a lei en materia educativa” e pediulles “un pouco de coherencia porque por unha banda critican o ensino concertado e por outra concédenlles distincións a centros deste tipo, como recentemente sucedeu coa entrega do Vigueses Distinguidos ao Colexio de Fomento Las Acacias-Montecastelo”.
O PPdeG deixa de considerar a Carmen Santos unha interlocutora válida e négase a negociar iniciativas con ela
Santiago, 31 de marzo 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, ofreceu unha rolda de prensa este venres na que avanzou que a líder de Podemos Galicia, Carmen Santos, deixa de ser unha “interlocutora válida” para os populares, e que deixarán de negociar ningunha iniciativa con ela.