Santiago, 20 de abril de 2017.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa Iglesias, afirmou hoxe no Parlamento que “defendemos un modelo mixto de autoconsumo de enerxía no que convivan as grandes plantas de produción coas pequenas instalacións”. Neste sentido, dixo que “permitir o autoconsumo nas condicións que formula a oposición é a medida máis antisocial que existe, porque é excluír do pago do custo do sistema a aqueles que poden permitirse estas instalacións, obrigando ao resto de consumidores a pagarlle as súas peaxes”.
Seguir leyendo
O Parlamento insta á Xunta a poñer en marcha un procedemento de consulta previa á elaboración de normativa
Santiago, 19 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a poñer en marcha no primeiro semestre deste ano un procedemento de consulta publica previa á elaboración polo Goberno galego de normativa, co obxecto de fomentar a participación da cidadanía e das organizacións e asociacións con carácter previo á redacción dos proxectos de regulamento e anteproxectos de lei que teñan impacto significativo na actividade económica ou impoñan obrigas relevantes para os seus destinatarios.
O PPdeG salienta que Sogama prevea alcanzar o vertido técnico cero en 2019
Santiago, 19 de abril de 2017.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, salientou hoxe no Parlamento que o sistema de tratamento de residuos impulsado desde a Xunta de Galicia “funciona con eficiencia, pois Sogama pon en valor os residuos recibidos nas súas instalación e vén desenvolvendo un proceso continuo de optimización das súas instalacións que permite unha mellora continuada dos resultados”. Neste sentido, lembrou que Sogama ten previsto alcanzar o vertido técnico cero ao longo de 2019 “grazas ao proxecto de ampliación e optimización industrial que se iniciará o vindeiro mes de xuño”.
O PPdeG lembra que o Concello de Sanxenxo é o responsable de realizar as medidas correctoras na praia de Carabuxeira
Santiago, 19 de abril de 2017.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, lembrou hoxe no Parlamento que o Concello de Sanxenxo é o responsable de levar adiante as medidas reparadoras sobre a praia da Carabuxeira, tal e como se recolle nas resolucións ditadas pola Xustiza.