O Parlamento aproba solicitar ao Goberno central que demande a Venezuela o pago das pensións aos emigrantes retornados ou venezolanos residentes en Galicia

Santiago, 24 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o  Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da  que se pide ao Goberno central que realice cantas actuacións sexan precisas para que Venezuela cumpra os acordos vixentes entre ambos países e faga efectivo o pago das pensións. “Pensións ás que teñen dereito e necesitan con urxencia”, puntualizou a portavoz de Emigración, Raquel Arias.

Seguir leyendo

O PPdeG apela á oposición para que trate con prudencia e cautela os danos ocasionados polas xeadas na viticultura

Santiago, 24 de maio de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, apelou hoxe aos grupos da oposición para que traten os problemas provocados polas xeadas nos viñedos das denominacións de orixe Monterrei, Valdeorras, Ribeiro e Ribeira Sacra “coa prudencia e cautela necesaria sobre os danos ocasionados, porque unha visión excesivamente alarmista pode ter efectos negativos nos mercados dos nosos viños”.
Seguir leyendo

O Parlamento aproba solicitar ao Goberno central que mellore a regulación da publicidade sanitaria para evitar anuncios enganosos

Santiago, 24 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita ao Goberno central que mellore e clarifique a regulación da publicidade sanitaria no relativo a centros, establecementos, bens e servizos, para evitar anuncios enganosos e limitar especialmente todo aquilo que poda constituír un risco para a saúde, contando para  elo cos colexios profesionais.

Seguir leyendo

O Parlamento aproba instar á Xunta para que manteña e promova as axudas na Área de Rehabilitación dos Camiños de Santiago como mínimo ata 2020

Santiago, 24 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, por iniciativa do Grupo Popular, instar á Xunta de Galicia a manter e promover as axudas na Área de Rehabilitación dos Camiños de Santiago nos próximos anos, como mínimo ata o ano 2020. “Contribuír á rehabilitación das vivendas e axudar aos seus habitantes é contribuír á fixación da poboación no medio rural de Galicia, un obxectivo que debe ser participado por todos os grupos políticos”, sinalou a deputada popular, María Antón.

Seguir leyendo

O PPdeG reitera «o interese claro de que se esclarezan as causas do accidente de Angrois» para o que pide realizar un informe independente e incontrovertido

Santiago, 23 de maio de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou por cuarta vez esta tarde no Parlamento “o interese claro do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas” do accidente ferroviario de Angrois “coa maior profundidade e rapidez posible”, para o que demandou a realización dun informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o sinistro.
Fernández Prado considerou “unha demanda xusta das vítimas, dos seus familiares e do conxunto dos galegos coñecer con profundidade e rigorosidade, fuxindo de usos demagóxicos e partidistas, as causas deste tráxico suceso e se tomen as medidas oportunas para que non volva a pasar”. Neste sentido, criticou que o PSOE rexeitara esta mesma semana na Mesa do Congreso a tramitación dunha Comisión de Investigación sobre o accidente e no día de hoxe xa anunciou o seu voto favorable no Parlamento galego á creación desa mesma comisión de investigación.
ÁMBITO XUDICIAL
Na súa intervención, sinalou que “o ámbito de investigación máis efectivo é o xudicial, onde se están a dirimir as posibles responsabilidades penais no accidente”. “Os xuíces, se o consideran oportuno, poden pedir todos os informes independentes que consideren necesarios, ou citar en calquera condición aos distintos axentes intervintes para o esclarecemento total do accidente, como demostra a recente imputación do responsable de seguridade de Adif no momento do accidente”, salientou.
Deste xeito, Martín Fernández lembrou que “a experiencia en todos os casos coñecidos é que as investigacións xudiciais chegaron moito mais lonxe que calquera comisión de investigación parlamentaria”, polo que considerou “bo non interferir na investigación xudicial”.
En relación coa solicitude de creación dunha comisión de investigación no Congreso dos Deputados, o portavoz popular fixo súas as recentes declaracións do fiscal Antonio Roma nas que afirmaba que unha comisión parlamentaria podería ter certas interferencias na investigación xudicial, ao tempo que os xuízos paralelos tampouco axudan a resolver.