Santiago, 21 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a instancias do Grupo Popular e transaccionada do Grupo Socialista, a través da que solicita unha mellora do marco normativo que regula o delito de usurpación de inmobles, en concreto unha modificación do Código Penal, a potenciación dos xuízos rápidos como procedementos modelo para os delitos de ocupación de inmobles ou a adopción de medidas cautelares para o desaloxo de inmobles dende o comezo da instrución sumarial.
O PPdeG afirma que só a recuperación do emprego garantirá a sostibilidade do sistema público de pensións
Santiago, 21 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos Couñago recoñeceu esta mañá no Parlamento que a Seguridade Social “atravesa unha situación difícil” e concretou que “só a recuperación do emprego revertirá a situación deficitaria e garantirá o sostibilidade do sistema público de pensións”.
O Parlamento demanda que Galicia, as comunidades do norte de España e a Rexión Norte de Portugal quedan conectadas Corredor Atlántico Ferroviario
Santiago, 21 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno de España que realice as xestións oportunas ante a Unión Europea para que, na revisión do Regulamento do mecanismo Conectar Europa que se realizará no ano 2018, Galicia, as comunidades do norte de España e a Rexión Norte de Portugal queden conectadas ao Corredor Atlántico, configurando unha verdadeira rede de mercadorías por ferrocarril que desde a fachada atlántica da península comunique co resto de Europa.
La UE rechaza imponer dobles sanciones a la flota que pesca en aguas externas
Bruselas, 21 de xuño de 2017.- El Parlamento Europeo y el Consejo de Ministros lograron ayer un acuerdo político sobre un nuevo reglamento que regula la actividad de la flota europea en aguas externas, en el que finalmente se ha descartado la imposición de la llamada “doble sanción” a los barcos que realicen infracciones graves.
Seguir leyendo