Santiago, 14 de agosto de 2017.- A vicevoceira do Grupo Popular Marta Rodríguez Arias instou hoxe aos grupos da oposición que aínda non o fixeron a remitir os seus representantes para proceder o antes posible á celebración da sesión constitutiva do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica.Marta Rodríguez recordou que a Xunta modificou o Decreto que regula o Observatorio recentemente para incorporar aos grupos políticos e facelo “máis participativo e plural” e nese sentido indicou que o pasado 20 de Xullo remitiu un escrito aos Grupos Parlamentarios solicitándolles as súas proposta “e BNG e En Marea aínda non as remitiron”.