O Pleno do Parlamento inicia a vindeira semana a tramitación da proposición de lei para a implantación empresarial en Galicia

Santiago, 5 de setembro de 2017.- O Pleno do Parlamento galego iniciará a vindeira semana a tramitación da proposición de lei, impulsada polo Grupo Popular en colaboración co Goberno galego, para a implantación empresarial en Galicia co debate de totalidade deste texto lexislativo. O portavoz popular, Pedro Puy, tamén avanzou que na mesma sesión plenaria o PPdeG defenderá a introdución do cheque formación en Galicia e solicitar ao Ministerio de Xustiza que, canto antes, estableza o número de xulgados que lle corresponden á Comunidade galega en 2018.
Seguir leyendo