Santiago, 12 de setembro de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, garantiu esta tarde no Parlamento a calidade do ensino no rural galego, tanto a nivel orzamentario como de dotación de servizos e de profesionais, adaptándoo ás características poboacionais do territorio.
O voceiro de Infraestruturas destaca a normalidade na implantación do plan de transporte a pesar dos «negros presaxios da oposición
Santiago, 12 de setembro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, salientou hoxe no Parlamento a “total normalidade” na implementación da primeira fase do novo plan de transporte, “a pesar dos negros presaxios da oposición”. Neste sentido, dixo que se trata dun “plan vivo que a Xunta seguirá mellorando e axustando en continuo diálogo cos axentes implicados, en especial cos concellos que están próximos e coñecen as demandas e necesidades”.
O PPdeG critica aos socialistas por cuestionar o labor dos inspectores médicos e os seus criterios para o control do intrusismo sanitario
Santiago, 12 de setembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo demandou hoxe aos socialistas “rigor e seriedade cando se fala de sanidade” e criticou que “cuestionen o labor dos inspectores médicos e os criterios nos que se basean para realizar as súas funcións de control do intrusismo sanitario”.
O PPdeG demanda aos concellos que designen os seus representantes para o grupo de traballo de mellora da liña ferroviaria Ferrol-Ribadeo
Santiago, 12 de setembro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, urxiu hoxe no Parlamento aos concellos das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña lucense polos que discorre a liña ferroviaria Ferrol-Ribadeo a que designen os seus representantes no grupo de traballo que negociará con Renfe o plan de actuación para o mentemento e mellora desta liña ferroviaria.
Tellado lamenta a «hipocrisía» dos grupos da oposición na toma en consideración da nova lei de implantación empresarial
Santiago, 12 de setembro de 2017.- O viceportavoz do grupo popular, Miguel Tellado, reprochoulle hoxe á oposición a súa “hipocrisía” por votar en contra da toma en consideración da proposición de Lei de Implantación Empresarial, dado que entende que dá resposta a moitas das demandas que levan facendo o resto de grupos de En Marea, PSOE e BNG durante os últimos meses. Así, considera que a esquerda deixa claro que “cando fala de reindustrialización e emprego de calidade está falando por falar”
Puy pide ao BNG que «deixe os papeis pintados» da súa proposta de cupo para Galicia, que sería «fondamente prexudicial para a facenda galega»
Santiago, 12 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou hoxe ao BNG que “deixe os papeis pintados” da súa proposta de cupo para Galicia porque sería “fondamente prexudicial para a Facenda galega e, en conxunto, para todos os galegos”. Puy referiuse ao último Informe anual de recadación tributaria, correspondente ao exercicio de 2014, do que se pode deducir que Galicia perdería cerca de 2.200 millóns de euros coa proposta dos nacionalistas.