Santiago, 3 de Outubro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou os datos de desemprego do mes de setembro publicados esta mañá e asegurou que “ninguén pode negar que Galicia está mellor que hai un ano en xeración de actividade económica e creación de emprego”.
Seguir leyendo
O GPP apoia no Parlamento solicitar a Fomento a reconversión en vía verde dos tramos da antiga vía férrea Pontevedra-Arcade e Chapela-Vigo
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde no Parlamento solicitar ao Ministerio de Fomento a reconversión en vía verde para uso peonil e ciclista dos treitos da antiga vía férrea Pontevedra-Arcade e Chapela-Vigo que estean actualmente en desuso.
O GPP salienta que os usuarios das autoestradas AG-55 e AG-57 gozan dunhas das peaxes máis baratas de EspañaI polas bonificacións da Xunta
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira salientou hoxe no Parlamento que “as bonificacións implantadas polo Goberno galego nas autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor permitan aos seus usuarios gozar dunhas das tarifas máis baixas de España”. “Este Goberno galego foi o primeiro e o único que aplicou bonificacións na peaxe aos usuarios destas dúas autoestradas, que permitiron aforros que superaron os 3,3 millóns de euros”.
O PPdeG apoia demandar ao Goberno central o incremento de frecuencias e horario no eixo atlántico ferroviario
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde a aprobación no Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central o incremento de frecuencias e horarios do eixo atlántico ferroviario A Coruña-Vigo, atendendo as demandas e as necesidades dos cidadáns.
O Parlamento aproba instar á Xunta a mellorar o trazado do tramo autonómico da estrada Palas de Rei-Friol-Begonte
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a mellorar o trazado da rede autonómica de estradas no eixo Palas de Rei-Friol-Begonte.
O GPP critica a pelexa entre os grupos da oposición por intentar capitanear a demanda do traspaso da AP-9
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernandez Prado, criticou esta tarde no Parlamento que “os grupos da oposición estean a protagonizar unha batalla entre eles intranscendente por capitanear a demanda da transferencia da AP-9 a Galicia, cando a verdade é que desde o Goberno galego e o PPdeG seguimos reclamando este traspaso e estudando as posibles novas medidas legais que se poidan adoptar para conseguilo”.
O PPdeG apoia que Xunta e Arcebispado de Santiago negocien a retirada de inscricións franquistas nas igrexas
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a negociar co Arcebispado de Santiago, no marco da comisión mixta Xunta-Igrexa Católica, a retirada das inscricións franquistas que aínda permanecen nas fachadas das igrexas no máis breve prazo de tempo posible.
O GPP avoga por agardar aos estudios que se realizan en Europa e España para adoptar medidas sobre vontades dixitais
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O portavoz de Novas Tecnoloxías do Grupo Popular, Moisés Blanco, avogou esta mañá no Parlamento por “agardar ao que se recolla no regulamento europeo, o que se acorde no grupo de traballo constituído no Senado ou a futura Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal para adoptar na Comunidade galegas as decisións oportunas respecto da herdanza dixital e a regulación dun rexistro de vontades dixitais”.