O GPP incide na defensa da Constitución e a democracia en España nas súas propostas de resolución no Debate sobre o Estado da Autonomía

Santiago, 5 de outubro de 2017.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, presentou esta mañá as 40 propostas de resolución rexistradas por este grupo parlamentario no Debate sobre o Estado da Autonomía, nas que se incide na defensa da Constitución e da democracia en España, ao tempo que se demanda a reforma da Lei electoral, a retirada da simboloxía franquista, a chegada do AVE a Galicia en 2019, a transferencia da AP-9 ou a tramitación da modificación da Lei de Saúde.

Seguir leyendo

Pedro Puy sitúa como obxectivo do Goberno galego reforzar o crecemento económico que xera emprego e mellorar o sistema de benestar

Santiago, 4 de outubro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe no Debate sobre o Estado da Autonomía que “o obxectivo do Goberno galego para o futuro é reforzar e consolidar o crecemento económico que xera emprego e mellorar o sistema de benestar que entre todos construímos”. Así mesmo, ofreceu diálogo aos grupos da oposición, “pero sen renunciar aos grandes principios que cimentan toda orde social democrática e equitativa: igualdade, equidade, liberdade e solidariedade”.

Seguir leyendo