Puy valora positivamente o Debate sobre a Autonomía pero lamenta que En Marea e BNG votaran en contra das rebaixas fiscais ou do incremento da atención a dependentes

Santiago, 9 de outubro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, valorou hoxe “positivamente” o Debate sobre o Estado da Autonomía celebrado a pasada semana, “non só polas propostas de resolución aprobadas, senón tamén porque serviu para clarexar ante a sociedade a posición que manteñen os distintos grupos parlamentarios sobre os temas de actualidade, incluso con algunha división interesante nalgún grupo en relación co marco constitucional”.
Seguir leyendo

Miguel Tellado:»As propostas de resolución aprobadas no Debate da Autonomía teñen como único obxectivo mellorar a calidade de vida dos galegos»

Santiago, 6 de outubro de 2017.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, salientou hoxe no debate das propostas de resolución presentadas polos grupos parlamentarios no Debate sobre o Estado da Autonomía que as 40 presentadas e aprobadas do PPdeG “teñen como único obxectivo mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns, atender as súas demandas e dar resposta as súas necesidades”.
Seguir leyendo