Santiago, 18 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central para que ceda ás comunidades autónomas o rendemento do imposto sobre sucesións e doazóns derivado da obriga real de contribuír, da obriga persoal do causante non residente, así como da adquisición de bens inmobles situados fóra de España.
O PPdeG apoia qeu a Xunta faga xestións para a continuidade de Maderas Iglesias,S.A. e o mantemento do emprego
Santiago, 18 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a facer xestións ante a propiedade de Maderas Iglesias, S. A. coa finalidade de procurar a viabilidade e a continuidade da empresa, así como velar polos dereitos laborais e o mantemento do emprego nos centros de produción desta empresa en Porriño e Mos.
O Parlamento require ao Concello de Vigo que complete a urbanización da contorna do Hospital Público Álvaro Cunqueiro habilitando un aparcamento en superficie
Santiago, 18 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se require ao Concello de Vigo a completar a urbanización da contorna do Hospital Público Alvaro Cunqueiro habilitando, en condicións de igualdade, as prazas de aparcamento en superficie necesarias para o normal funcionamento desta instalación sanitaria.
O Parlamento aproba a primeira iniciativa non lexislativa popular para incluír na oferta educativa do bacharelato a obrigatoriedade da Historia da Filosofía
Santiago, 18 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá por unanimidade a primeira proposición non de lei de iniciativa popular, a través da que se insta á Consellería de Educación para que realice as adaptacións necesarias para incluír na oferta educativa do bacharelato a obrigatoriedade da Historia da Filosofía como materia troncal.
Moisés Blanco salienta o «traballo serio, rigososo e constante que está a realizar a Xunta para facerlle fronte aos danos causados polos fenómenos climatolóxicos adversos”.
Santiago, 18 de outubro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco salientou hoxe no Parlamento o “traballo serio, rigososo e constante que está a realizar a Xunta para facerlle fronte aos danos causados polos fenómenos climatolóxicos adversos”.
Martín Fernández: «Nunca ata o de agora ten habido un compromiso tan claro do Goberno de España co AVE a Galicia»
Santiago, 17 de outubro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, afirmou esta tarde no Parlamento que “nunca ata o de agora ten habido un compromiso tan claro do Goberno de España co impulso do AVE a Galicia: temos unha data definitiva para a súa chegada no ano 2019 e temos tamén o compromiso de que será en dobre vía, o que é realmente importante e garantirá os mais altos estándares de calidade”.
O PPdeG critica que a oposición solicite hoxe actuacións en dependencia cando no DEA rexeitaron unha estratexia global e chegar aos 60.000 dependentes atendidos no 2018
Santiago, 17 de outubro de 2017.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, criticou hoxe que os grupos da oposición “soliciten neste Pleno actuacións en materia de dependencia, cando no recente Debate sobre o Estado da Autonomía rexeitaron a resolución do Grupo Popular instando á Xunta a impulsar unha estratexia global de mellora do sistema de atención á dependencia, conseguindo chegar aos 60.000 dependentes durante o vindeiro 2018”.