. Santiago, 8 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a avanzar na elaboración e dos plans reitores de uso e xestión dos seis parques naturais e do parque nacional das Illas Atlánticas de maneira que se aproben no prazo máximo de 12 meses, garantindo que conten cun amplo proceso de participación e do máximo consenso cos concellos, asociacións ecoloxistas e comunidades locais de cada ámbito territorial.
O Parlamento galego insta á Xunta a remitir á Cámara no primeiro semestre de 2018 un proxecto de lei para a recuperación de núcleos con valor histórico e patrimonial
Santiago, 8 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto favorable do PSdeG e BNG, a través da que se insta á Xunta a aprobar, para a súa remisión á Cámara no primeiro semestre de 2018, un proxecto de lei en materia de rehabilitación dirixido á simplificación lexislativa, administrativa e de xestión, e que preste especial atención á recuperación dos núcleos rurais e urbanos con valor histórico ou patrimonial.
O PPdeG asegura que a Xunta nunca autorizará a reapertura da mina de cobre en Touro e O Pino se atenta contra a saúde, o medioambiente e a legalidade
Santiago, 8 de novembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco demandou hoxe aos grupos da oposición que “non manipulen e digan a verdade aos veciños de Touro e O Pino” sobre o proxecto de reapertura e explotación da mina de cobre de San Rafael, porque a Xunta “nunca autorizará un proxecto que atente contra a saúde, o medioambiente e a legalidade vixente en Galicia”.
López Crespo salienta que a Xunta activara desde o 16 de outubro o Plan CAMGAL ante a posible chegada de cinzas aos bancos marisqueiros
Santiago, 8 de novembro de 2017.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Carlos López Crespo, salientou hoxe a dilixencia amosada pola Xunta para activar desde o 16 de outubro o plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental en Galicia ante a posible chegada de cinzas procedentes dos incendios forestais ás zonas marisqueiras.
O PPdeG avoga porque a Xunta colabore co Concello de Santiago na restauración e posta en valor das figuras de Abraham e Isaac
Santiago, 7 de novembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón avogou hoxe porque a Xunta de Galicia colabore co Concello de Santiago, unha vez se resolva o litixio que ten interposto sobre a propiedade das estatuas de Abraham e Isaac na súa condición de lexítimo propietario, nas posibles tarefas de restauración e posta en valor destes bens.