Santiago, 22 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a intensificar a colaboración cas entidades locais que integran a rede de concellos en contra da violencia de xénero, de cara a conseguir unha maior efectividade dos recursos e procurar desenvolver conxuntamente accións no ámbito da sensibilización e a prevención; da información sobre os recursos e servizos existentes; da formación, tanto de profesionais como de persoal político; e da asistencia ás vítimas.
O Parlamento aproba instar ao Goberno central e á Xunta que impulsen medidas para celebrar o 40 aniversario da Constitución española
Santiago, 22 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, co apoio do PSdeG e co voto en contra de En Marea e BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado que impulse as medidas necesarias para a celebración o 6 de decembro de 2018 do 40 aniversario da Constitución Española de 1978.