O PPdeG celebra que o PSdeG-PSOE pida xa uns Presupostos do Estado para o 2018 que inclúan a equiparación salarial dos corpos policiais

Santiago,  26 de xaneiro de 2018.- O PPdeG celebra que o PSdeG-PSOE pide xa uns Presupostos do Estado para o 2018 que inclúan a equiparación salarial do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil con outros corpos policiais. Neste sentido o Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa socialista que incorporou unha emenda do PPdeG na que se solicita que os acordos do Ministerio do Interior coa Mesa técnica de negociación se reflexen nos Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018.

Seguir leyendo

O PPdeG reunirá mañá a máis de 500 docentes para agradecer os «éxitos colectivos» do sistema educativo galego

Santiago, 26 de xaneiro de 2018.- O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, visitou a montaxe da Convención Nacional de Educación que o PPdeG celebrará mañá na Cidade da Cultura e onde reunirán a máis de 500 profesionais da ensinanza. Segundo sinalou, o obxectivo é moi claro: “valorar aos docentes como a peza fundamental que son do noso sistema educativo” porque “eles son os artífices de boa parte dos éxitos recentes”.

Seguir leyendo