Pedro Puy cualifica os orzamentos do Estado como «dignos porque reforzan a imaxe de estabilidade de España e a capacidade de gasto de quen máis o precisa»

Santiago, 2 de abril de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o proxecto de orzamentos xerais do Estado son “dignos de ser aprobados, porque reforzarán a imaxe de estabilidade de España, a capacidade de gasto de quen máis o precisa e contribuirán a mellorar o funcionamento do sistema democrático”.

Puy demandou unha reflexión por parte dos grupos da oposición para comprobar “se interesa máis aprobar estes orzamentos co que incorporan ou manter a prórroga das contas vixentes desde o pasado ano”. “É certo que son os máis sociais dos últimos anos, para que o crecemento permita fortalecer aquelas persoas que máis sufriron coa crise económica”, polo que animou a “contribuír a reforzar ou mellorar” estas contas públicas.

CONTINUAR COA RECUPERACIÓN

Na súa intervención, o portavoz popular lembrou que no pasado Pleno aprobouse unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se instaba aos grupos parlamentarios do Congreso a facilitar a aprobación dos orzamentos xerais para 2018. “Consideramos que son bos para continuar coa recuperación económica, dan unha sensación real de estabilidade e incorporan cuestións que benefician a unha gran maioría dos galegos”, apuntou.

Pedro Puy salientou que os orzamentos recollen unha “inxección de 2.000 millóns de euros a través de rebaixas no IRPF ás rendas máis baixas, que van desde deducións por gastos de gardería, discapacidade ou familia numerosa, ata a elevación do umbral de tributación ata os 14.000 euros ou o incremento da redución da tributación para as rendas do traballo, e que beneficiarán a máis de 3,5 millóns de traballadores”.

Así mesmo, destacou a suba de ata un 3 por cento das pensións, que beneficiará a cerca de 500.000 pensionistas galegos; e a suba importante dos salarios dos empregados públicos, pactada cos sindicatos.

ACTUACIÓN MOI CORRECTA

Cuestionado sobre a situación da folga do persoal da Xustiza en Galicia, Pedro Puy afirmou que o vicepresidente da Xunta “ten actuado moi correctamente defendendo o interese xeral, expresado nunha proposición non de lei aprobada por unanimidade neste Parlamento que recollía o que os propios sindicatos esixían”.

Deste xeito, lembrou que a iniciativa parlamentaria demandaba que os complementos autonómicos estiveran por enriba da media das comunidades españolas, ao tempo que se establecía unha garantía do complemento tamén por enriba da media española.

“Agora, no debate, unha vez se cumpre o mandato parlamentario e que a suba salarial do persoal da Xustiza superaría o 13 por cento, cómpre non poñer máis escusas e poñer fin a esta folga que está afectando a moitas familias e moitos operadores do sector, conlevando un atraso na tramitación de procedementos xudiciais”, manifestou.

O Parlamento insta á Xunta a elaborar unha estratexia de actuación sobre as centrais hidroeléctricas con dereito concesional a extinguir

Santiago, 28 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a elaborar unha estratexia de actuación sobre os aproveitamentos hidroeléctricos con dereito concesional a extinguir no presente e no seguinte ciclo de planificación hidrolóxica (ata o ano 2027), na que se analicen os condicionantes xurídicos, económicos, ambientais e sociais que permitan decidir, no seu caso, a modalidade de explotación dos mesmos.

Seguir leyendo