Pedro Puy cualifica o proxecto de orzamentos do Estado como «bos para os galegos, tanto en materia de política fiscal e de pensións, como do investimento»

Santiago, 8 de abril de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe como “bos para os galegos o proxecto dos orzamentos xerais do Estado, tanto desde o punto de vista da política fiscal e de pensións, como do investimento. Así mesmo, considerou que a oposición demostra “pouca responsabilidade” a nivel nacional, porque “está utilizando unha difícil situación para acadar maiorías máis para poñer paos nas rodas da maioría que goberna que para buscar alternativas ou condicionar a política que se fai polo partido que está en minoría no Congreso pero ten que gobernar”.

Seguir leyendo

Tellado cre que o PPdeG volve de Sevilla con ideas renovadas de cara ás municipais de 2019

8 de abril de 2018.-  O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, sinalou este domingo que a súa formación volve da Convención Nacional celebrada esta fin de semana en Sevilla con ideas renovadas de cara as vindeiras eleccións municipais, que se celebrarán en maio de 2019. “Temos xa pouco máis dun ano por diante, e estes encontros sempre serven para compartir experiencias, facer propostas e incrementar a ilusión de cara aos desafíos que temos no horizonte”, dixo.

Seguir leyendo