Santiago, 27 de abril de 2018.- O portavoz do Medio Rural, José González, afirmou hoxe, logo da constitución da ponencia encargada de elaborar o ditame da Comisión de estudo das reformas da política forestal e de prevención e extinción de incendios, que “temos todos os medios para poder facer un ditame á altura do que nos demanda a sociedade galega”. “Espera un traballo duro porque o compromiso é de ter o ditame antes de que remate o mes de maio”, polo que demandou á oposición que “se deixee de tacticismos políticos e busque un consenso de país”.
O PPdeG lamenta que Villares acepte no seu grupo a outro deputado que intentou intimidar a un Policía Local
27, abril, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que coa entrada de Xoán Hermida no Parlamento de Galicia “estamos nunha situación na que como Luis Villares non quería ter no seu grupo unha deputada que abusa da súa autoridade ante axentes da Policía, aceptou no seu grupo a outro deputado que tamén abusa da súa autoridade ante axentes da Policía”.