Santiago, 29 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta o impulso do uso da marca Artesanía de Galicia nos establecementos comerciais e na comercialización dixital, coa finalidade de contribuír á súa visibilidade, fidelización e prestixio”. En concreto, a portavoz de Comercio, Cristina Romero, explicou que “se trata de facer moito máis sinxelo o procedemento para o uso desta marca, tanto polos establecementos comerciais como polos obradoiros”.
O Parlamento demanda á Xunta impulsar un programa formativo para directivos sobre as oportunidades e vantaxes da transformación dixital
Santiago, 29 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar un programa formativo específico para concienciar a directivos e empresarios sobre as oportunidades e as vantaxes competitivas asociadas á transformación dixital.
Pedro Puy alerta sobre que a oposición recoñeza que “o acoso ao PP ten moito que ver co intento de derrubo do sistema do ano 78”
Santiago, 29 de maio de 2018. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou porque a sociedade española e galega “tome nota do que se está a dicir por parte dos grupos da oposición: o acoso ao PP ten moito que ver co intento de derrubo do sistema do ano 78”. “En Galicia, hai estabilidade, estamos conseguindo superar retos, tomamos decisións contra a corrupción e non hai relación con ningún asunto que poida enturbar o ambiente político”, afirmou.
O Grupo Popular demandará no Pleno que o Concello de Santiago inicie a redacción do proxecto de accesos á nova estación de autobuses
Santiago, 29 de maio de 2018. O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta, de xeito paralelo ao investimento público en tecnoloxía sanitaria, fomente e acolla todas aquelas accións de mecenado que redunden nunha mellora do servizo ao paciente. Así mesmo, solicitará ao Concello de Santiago que inicie o antes posible a redacción do proxecto de accesos á nova estación de autobuses, ao tempo que a Xunta culmine os trámites administrativos para iniciar as obras desta estación á maior brevidade posible.