Santiago, 4 de xuño de 2018. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou “o noso agradecemento e respaldo persoal a Mariano Rajoy, un Presidente do Goberno de España digno ata o final que deixou a Presidencia nunha moción de censura coa elegancia que caracterizou a súa presenza na política”. A nivel de Galicia, Puy asegurou que “abordamos os próximos días con absoluta tranquilidade, porque a estabilidade institucional está perfectamente garantida coa maioría ampla que respalda as políticas do Goberno galego e, a nivel político, porque pertencemos a un partido democrático que nos vindeiros días vai tomar as decisións que considere oportunas nesta nova situación”.
Tellado: “A nosa estabilidade política permite que Galicia sexa un dos motores da redución do número de desempregados”
4, xuño, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que “a nosa estabilidade política permite que Galicia sexa un dos motores da redución do número de desempregados”. Así se expresou logo de coñecerse os datos do paro do mes de maio, que reflicten que somos, por terceiro mes consecutivo, a Comunidade Autónoma onde máis baixa, cunha caída de 5,4 puntos superior á da media estatal.