Santiago, 8 de xuño de 2018. O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que solicita que a Xunta que avalíe as circunstancias da solicitude de autorización ambiental integrada para a posta en marcha dunha planta de tratamento de residuos nunha antiga canteira en Casalonga, no concello coruñés de Teo, de xeito que se garanta a total legalidade do proxecto e o estrito cumprimento da lexislación vixente e o establecido no Plan de xestión de residuos industriais de Galicia.
O PPdeG resume en dez compromisos as súas primeiras reivindicacións ao novo Goberno e lembra que todas elas foron reclamadas ao Executivo anterior
8, xuño, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, anunciou que, trala toma de posesión de Pedro Sánchez, o seu partido estará especialmente vixiante en dez cuestións que entende fundamentais para a nosa Comunidade e que lle foron trasladadas no seu momento ao goberno saínte.