Santiago, 13 de xuño de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, criticou hoxe no Parlamento que o BNG “pretenda botar abaixo o sistema organizativo do centro de saúde de Cambados acordado entre os médicos e a Consellería, para abrir as quendas de mañá e tarde sen posibilidades de substitucións por falta de persoal”.
O PPdeG avoga por un protocolo con xinecoloxía, obstetricia e anatomía patolóxica para atender ás mulleres afectadas polo anticonceptivo essure
Santiago, 13 de xuño de 2018. A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo avogou hoxe por un protocolo específico cos servizos clínicos de xinecoloxía, obstetricia e anatomía patolóxica para unha perfecta coordinación, atención e xestión de todos os casos de mulleres afectadas polo método anticonceptivo essure.
O Grupo Popular salienta que o Hospital Álvaro Cunqueiro estea a liderar os ránkings de reputación a nivel nacional e internacional
Santiago, 13 de xuño de 2018. A deputada do Grupo Popular Marián García Míguez salientou hoxe no Parlamento que o Hospital Público Álvaro Cunqueiro “estea a liderar os ránkings de reputación, colocando ao CHUVI nun nivel de recoñecemento profesional sen precedentes e entre os mellores 30 hospitais de España”.