Santiago, 22 de xuño de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, vén de rexistrar unha pregunta no Parlamento de Galicia na que solicita que o Goberno galego informe se o Concello de Teo ten trasladado algún tipo de informe en relación ao proxecto para instalar unha planta de tratamento de residuos en Casalonga. “O proxecto leva oito meses enriba da mesa dos responsables municipais sen que a día de hoxe avanzara na tramitación dos informes que poderían ser a base para paralizar a instalación da planta de tratamento de residuos, ao tempo que ningunea a colaboración entre administracións que lle ten ofrecido a Xunta de Galicia”, indicou.
Tellado pide a Sánchez que non aplique o “no es no” á reforma do sistema de financiamento
22, xuño, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu a Pedro Sánchez que non aplique o “no es no” á reforma do sistema de financiamento, como tamén está facendo ao renunciar a reformar o sistema de pensións, malia que, segundo dixera con anterioridade, tratábase de cuestións urxentes para o país.