María Antón sinala que “os deputados do PSOE e En Marea marcaron o paso aos socialistas de Santiago ao poñerse a favor de ampliar a EDAR de Silvouta en lugar do Souto”

Santiago, 4 de xullo de 2018.- A deputada do Grupo Popular María Antón Vilasánchez subliñou hoxe no Parlamento que “os deputados pontevedreses de PSOE e En Marea marcaron o paso a seguir aos concelleiros socialistas de Santiago ao posicionarse favorablemente cara a ampliación da depuradora de Silvouta” nunha proposición non de lei debatida esta mañá na Comisión 2ª.

Seguir leyendo

Jacobo Moreira salienta o cambio de postura do PSOE respecto a ENCE desde que está no Goberno central

Santiago, 4 de xullo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira salientou hoxe no Parlamento o cambio de postura dos socialistas galegos respecto de ENCE desde que están no Goberno central, xa que “agora xa non son tan entusiastas co populismo de derrogar a concesión, senón que a limitan a que sexa de acordo co desenvolvemento dos procedementos xurídicos vixentes”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular afirma que a Xunta ten previsto aprobar o Plan Reitor do Parque Nacional das Illas Atlánticas no último trimestre deste ano

Santiago, 4 de xullo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Marián García Míguez avanzou hoxe no Parlamento a previsión de que a Xunta aprobe no último trimestre deste ano o Plan Reitor de usos e xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas, un documento consensuado con todos os sectores implicados e que recollerá todas as actuacións que se poderán realizar e os investimentos que poderán executarse.

Seguir leyendo