07, setembro, 2018. O presidente Alberto Núñez Feijóo destacou hoxe, na homenaxe que os populares galegos renderon a Xerardo Fenández Albor polo seu 101 aniversario, que “a Galicia que imaxinou o Presidente Albor era a Galicia na que vivimos hoxe: unha terra próspera, unha terra inclusiva, unha terra que practicara o autogoberno coa receita do sentidiño que el tanto preconizou”. E foi ese “sentidiño” nos primeiros pasos da autonomía de Galicia o que nos converteu no que somos hoxe: “unha comunidade que reivindica o seu sen complexos, pero con respecto e lealdade”.
Tellado: “Sánchez vai camiño de ser digno sucesor de aqueles que baleiraron de carga de traballo os nosos estaleiros”
7, setembro, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que “Pedro Sánchez vai camiño de ser digno sucesor de aqueles que baleiraron de carga de traballo as gradas dos noso estaleiros” e pediu responsabilidade ao Goberno central, posto que a tensión do Executivo con Arabia podería levar á perda dun contrato que supón carga de traballo durante anos para os estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol.