Santiago, 18 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que demanda ao Ministerio de Fomento o inicio, o antes posible, da redacción e execución do proxecto de mellora de seguridade viaria e accesibilidade do tramo da N-551 entre a intersección coa N-550 e a Ponte Internacional de Tui, así como a adecuación desta ponte polo seu valor patrimonial e cultural.
O Parlamento demanda ao Goberno central que negocie a ampliación da campaña do bonito do norte
Santiago, 18 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se demanda ao Goberno central a realización de estudos que acrediten o bo estado do stock de bonito do norte, de xeito que poida negociar para que se adopten as medidas de xestión que permitan estender a duración da campaña e a rendibilidade económica da campaña desta especie.
O PPdeG asegura que “en Galicia non se está a producir unha proliferación de vivendas de uso turístico grazas a que se está a ordenar con éxito”
Santiago, 18 de outubro de 2018.- A portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero, asegurou hoxe que “en Galicia non se está a producir unha proliferación de vivendas de uso turístico gracias a que se está a ordenar con éxito este fenómeno”. Neste sentido, referiuse ao decreto 12/2017, polo que se establece a ordenación de apartamentos e vivendas de uso turístico en Galicia, que “brinda un marco de seguridade, contribúe a aportar cartos ás arcas públicas, loita contra a competencia desleal e posibilita aos concellos que regulen este uso da vivenda, sendo a única normativa autonómica avalada integramente pola xustiza”.
O Parlamento demanda que a Xunta incida nas campañas para visibilizar a problemática do furtivismo de bañador
Santiago, 18 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a continuar desenvolvendo campañas de concienciación para dar visibilidade á problemática do furtivismo de bañador e rematar así cos problemas que durante os veráns suceden en Galicia cos turistas que desfrutan as súas vacacións nos areais galegos. Así mesmo, incorporouse a emenda de En Marea para que a Xunta dote de máis medios públicos propios de control e vixilancia das praias para evitar todo tipo de furtivismo, creando unha partida no vindeiro orzamento con este obxectivo.