O Parlamento demanda á Xunta que asine coa Deputación e os concellos de Portas, Caldas e Vilagarcía o convenio para construír a vía verde ferroviaria

Santiago, 30 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que, antes de que remate o presente ano 2018, asine un convenio coa Deputación de Pontevedra e os concellos de Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa no que se recollan os compromisos de todas as partes e un calendario de execución para a creación da primeira vía verde ferroviaria, que discorrerá entre Vilagarcía e Portas.
Seguir leyendo

O PPdeG demanda que a Xunta licite e execute o novo emisario submarino e a mellora da EDAR de Praceres

Santiago, 30 de outubro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira demandou hoxe no Parlamento que a Xunta licite e execute as obras do novo emisario submarino e a mellora da actual estación depuradora de Praceres, ao tempo que require aos concellos de Pontevedra, Marín e Poio o arranxo das deficiencias existentes nas súas redes de sumidoiros que repercuten negativamente na eficiencia da depuradora de Praceres ao producirse infiltracións de auga de mar.
Seguir leyendo

O Grupo Popular demandará no Pleno ao Goberno central que concrete o prazo para a supresión da peaxe da AP-9 en Redondela

Santiago, 30 de outubro de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que o Goberno central concrete o prazo e fórmula elixidos para a supresión da peaxe de Redondela na AP-9 e se designe definitivamente ao Instituto Tecnolóxico para o control do medio mariño en Galicia (Intecmar) como laboratorio nacional de referencia para biotoxinas e control e clasificación das zonas de produción de bivalvos.
Seguir leyendo

Puy avoga por conseguir un acordo sobre comparecentes e documentación que mellor contribúan á finalidade das comisións de investigación sobre a sanidade e o Marisquiño

Santiago, 29 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a disposición do PPdeG para, unha vez analizados polo miúdo os plans de traballo presentados polos grupos da oposición das comisións de investigación sobre a sanidade pública e o accidente do Marisquiño en Vigo, “conseguir que haxa un acordo para que estean os comparecentes e a documentación que poidan contribuír mellor á finalidade para a que foron constituídas ambas comisións”.
Seguir leyendo