O Parlamento galego demanda ao Goberno do Estado a eliminación da taxa de reposición de efectivos na Lei de orzamentos para 2019

Santiago, 28 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno do Estado á eliminación da taxa de reposición de efectivos na Lei de orzamentos de 2019, de xeito que corresponda a cada comunidade autónoma a competencia de determinar o número de prazas a incluír na oferta anual de emprego público.
Seguir leyendo

O Grupo Popular critica que PSOE e BNG “estean máis por enredar que por coñecer a realidade que se vive no Hospital do Salnés”

Santiago, 28 de novembro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, criticou hoxe que PSOE e BNG “estean máis por enredar que por coñecer a realidade que se vive no Hospital do Salnés, porque perderon unha magnífica oportunidade de debater co xerente deste centro hospitalario na comparecencia que realizou a pasada semana na Comisión de Investigación sobre a sanidade pública galega, que a oposición puxo en marcha pero da que irresponsablemente fuxiron”.
Seguir leyendo