O Pleno do Parlamento demanda ás administracións competentes que remitan toda a documentación sobre o festival do Marisquiño de Vigo

Santiago, 30 de xaneiro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia para que se dirixa ás administracións competentes para que fagan pública toda a documentación pertinente, así como os informes en virtude dos cales se deu a autorización para a celebración do festival do Marisquiño en Vigo o pasado día 12 de agosto en Vigo, a fin de que se garanta a transparencia das actuacións das administracións dentro das súas respectivas competencias e favorecer o esclarecemento do ocorrido neste terrible accidente.
Seguir leyendo

O Grupo Popular defende que “Mos ten dereito a crecer e foi capaz de ofrecer ao Celta o que en Vigo se lle negaba”

Santiago, 30 de xaneiro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos defendeu hoxe no Parlamento que “Mos ten dereito a crecer e foi capaz de ofrecerlle ao Celta o que en Vigo se lle negaba reiteradamente”, en relación ao proxecto de cidade deportiva prevista neste concello pontevedrés. Deste xeito, sinalou que “se os grupos da oposición tiveran un mínimo de sentido ético da actividade política non estarían alarmando, manipulando e enganando aos veciños de Mos”.
Seguir leyendo

O Grupo Popular lamenta “a falta de interese” do BNG por apoiar aos socios do Centro Galego de Bos Aires na protección do patrimonio da emigración

Santiago, 30 de xaneiro de 2019.- A portavoz de Emigración do Grupo Popular, Raquel Arias, defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta “continúe respaldando aos socios do Centro Galego de Bos Aires para acadar a mellor solución aos problemas que están a sufrir a entidade, intensificando o contacto coas autoridades arxentinas competencias en materia sanitaria, social ou cultural, asegurando a asistencia sanitaria aos socios; e ofrecendo toda a colaboración para garantir a protección do patrimonio cultural, artístico e bibliográfico desta entidade, incluída a habitación de Castelao.
Seguir leyendo