O PPdeG afirma que a Xunta mellorará o cruce de Setados en As Neves dentro da estratexia para eliminar treitos de concentración de accidentes

Santiago, 21 de febreiro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta ten previsto realizar obras de mellora do cruce de Setados no concello de Crecente dentro da estratexia para a eliminación de treitos de concentración de accidentes, que conta cun investimento de 12,3 millóns de euros e un prazo de execución ata 2020.
 
 

 

Moisés Rodríguez explicou que o proxecto de mellora no punto quilométrico 9,980 da PO-400 prevé a construción dunha intersección en “T” co camiño municipal que conecta os núcleos de laxe a A Igrexa. As obras inclúen a urbanización de todo o ámbito coa renovación da pavimentación, sinalización e defensas adecuadas para repoñer todos os servizos necesarios.
 

 

 

EVITAR ACCIDENTES
 
 

 

“A Xunta está comprometida con facer todo tipo de melloras nas estradas da súa titularidade para evitar accidentes, priorizando aquelas que teñan maior intensidade de tráfico e perigosidade”, sinalou o deputado popular.
 
 

Neste sentido, lembrou que a Xunta ten realizado diversas obras de mellora na estrada PO-400, como a mellora da intersección no punto quilométrico 19,660 no concello de Arbo ou a adecuación do firme en antigos treitos desta vía ao seu paso polo concello de Crecente. Ademais, licitou recentemente un contrato para, entre outras actuacións, reforzar o firme da PO-400 ao seu paso por Salvaterra nun tramo de máis de tres quilómetros.

O Grupo Popular incide que para que a Xunta asumira a ponte de Catoira deberá estar en perfecto estado de conservación e mantemento

Santiago, 21 de febreiro de 2019.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, incidiu hoxe no Parlamento que “a Xunta valorará a transferencia da titularidade da ponte de Catoira cando estea en perfecto estado e condicións óptimas logo dos traballos pendentes por parte das deputacións provinciais e A Coruña e Pontevedra”.
Seguir leyendo

O Grupo Popular considera “lamentable que os responsables do Concello de Vigo veñan a Comisión do Marisquiño como unha competición”

Santiago, 20 de febreiro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos considerou “lamentable que os responsables do Concello de Vigo consideren a Comisión de Investigación sobre o accidente do Marisquiño do Parlamento como unha competición con ganadores e perdedores, cando o verdadeiramente importante é coñecer as causas que provocaron este lamentable accidente e que tivo como resultado máis de 400 feridos que merecen unha explicación”.
Seguir leyendo

O PPdeG salienta que, gracias á área sanitaria, o distrito de Valdeorras mantivo os servizos de traumatoloxía e as gardas de medicina interna

Santiago, 20 de febreiro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, salientou hoxe no Parlamento que “gracias á área sanitaria que inclúe o distrito de Valdeorras foi posible manter os servizos de traumatoloxía e as gardas de medicina interna, coa colaboración existente entre facultativos do Complexo Hospitalario de Ourense e do propio Hospital de Valdeorras”.
Seguir leyendo