22, febreiro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, indicou que nas vindeiras eleccións xerais cada voto de centrou ou dereita que non vaia ao Partido Popular satisfará a Pedro Sánchez e aos seus socios. Así, incidiu en que dividir o voto é dividir as forzas e é darlle máis posibilidades a Sánchez de repetir a súa combinación con Podemos, nacionalistas e independentistas.
O Parlamento aproba dirixirse ao Goberno central para que teña en conta os efectos perniciosos da suba das cotizacións á Seguridade Social dos traballadores do réxime especial do mar
Santiago, 22 de febreiro de 2019.- O Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa do PPdeG na que se insta a Xunta a dirixirse ao Goberno central para que teña en conta os efectos perniciosos que a suba das cotizacións á Seguridade Social terá sobre o persoal inscrito no Réxime Especial do Mar e corrixa esta modificación legal deixando sen efecto esta suba dos abonos ou ben que outorgue novos dereitos e beneficios que compensen ese incremento.
Tellado: «O voto ao PPdeG foi útil para mellorar o emprego, a economía e a industria de Galicia na última década»
22, febreiro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que, nesta última década, os populares galegos demostraron con feitos que o voto ao Partido Popular de Galicia é útil para mellorar a nosa Comunidade, para fortalecer a nosa industria e mudar o noso modelo produtivo, e para facer crecer a nosa economía e crear emprego.
O Parlamento aproba a defensa das mesmas condicións para o pescado importado que as que ten que cumprir a conserva europea e a revisión das normas reguladoras do comercio internacional
Seguir leyendo
O Parlamento demanda que Fomento defina o treito definitivo A Ermida-Pilarteiros da A-57 escoitando aos veciños e afectados
Seguir leyendo