15, marzo, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, lamentou que Pedro Sánchez non dea ningunha alternativa aos 80.000 galegos que venden madeira en Galicia nin ás 5.000 familias que viven directa ou indirectamente de Ence.
Tellado cre que o PPdeG segue sumando e ilusionando fronte a unha esquerda que cada día decepciona a máis xente
15, marzo, 2019. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que, despois de 10 anos de goberno, o PPdeG segue “sumando e ilusionando fronte á decepción que causa a esquerda dunhas Mareas e un PSdeG que xa nin os seus recoñecen, e dun BNG ao que xa se lle marchou case todo o mundo”.