22, marzo, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que non é aceptable “que Galicia pague a inestabilidade política e económica á que os socialistas queren condenar ao conxunto do país; que o Executivo central volva querer castigar a unha comunidade cumpridora, como Galicia, mentres propuña uns Orzamentos Xerais do Estado que premiaban a Cataluña; e que Pedro Sánchez queira pagar a súa campaña electoral e os seus venres electorais co superávit e a responsabilidade do Goberno galego”.
O Grupo Popular cualifica de “despropósito” que os socialistas pidan que se negue ao sector a extracción de ourizo mariño
Seguir leyendo
O PPdeG defende o traballo da Xunta na revisión da extracción da mexilla xunto cos sectores bateeiro e percebeiro
Santiago, 22 de marzo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Soraya Salorio defendeu hoxe o traballo que a Xunta vén realizando na revisión da actividade de extracción de mexilla xunto cos sectores bateeiro e percebeiro, co obxectivo de adecuar a súa compatibilidade e asegurar o seu histórico entendemento e beneficio mutuo.