O PPdeG lamenta o descontento da oposición coa desconvocatoria da folga na atención primaria “porque caeulles o telderete que tiñan montado”

Santiago, 9 de abril de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, lamentou hoxe “o descontento dos grupos da oposición co acordo acadado onte pola Consellería de Sanidade e os sindicatos para desconvocar a folga en atención primaria, porque caeulles o telderete que tiñan montado en contra do Goberno galego”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular critica que En Marea propoña implantar en Galicia unha renda social “que se queda moi lonxe do que xa temos coa Risga”

Santiago, 9 de abril de 2019.-  A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, criticou que En Marea propoña implantar unha renda social galega “que se queda moi lonxe do que xa temos coa novo modelo da renda de inserción social de Galicia, que supón ademais unha auténtica ferramenta para a inserción laboral, na liña das recomendacións que fai a Comisión Europea”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego aproba a nova lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana

Santiago, 9 de abril de 2019.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe a Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana de Galicia, que facilitará a recuperación do construído e a protección, fomentará a cultura da rehabilitación, impulsará a dinamización económica, social e demográfica, e compatibilizará a protección do patrimonio coa mellora das condicións de habitabilidade e a eficiencia enerxética.

Seguir leyendo