Santiago, 6 de maio de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe que a utilización por parte do Goberno galego do superávit de 2018, cuxo proxecto de lei debaterase mañá no Pleno do Parlamento, “é exercer o noso autogoberno e defender os intereses de Galicia”. Deste xeito, demandou aos grupos da oposición, “que tanto se teñen manifestado pedindo un maior investimento en sanidade, educación e servizos sociais, que apoien este proxecto de lei para que estes 125 millóns do superávit sexan útiles para os galegos e se gasten nas súas necesidades reais”.
Tellado: «Que Galicia sexa o territorio onde máis baixa o paro referenda a política económica do PPdeG»
06, maio, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou os datos de desemprego do pasado mes de abril publicados esta mañá, destacando que Galicia é o territorio onde máis baixa o paro, feito que “referenda a política económica do PPdeG».
O Parlamento insta á Xunta a levar a cabo as actuacións comprometidas para o mantemento da dársena do porto de Camariñas
Santiago, 3 de maio de 2019.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a levar a cabo, antes de que remate este período de sesións, as actuacións comprometidas no seu día, para o mantemento da dársena do porto de Camariñas.