Santiago, 26 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a fomentar, en colaboración coa Fegamp, a constitución de parques públicos de vivenda en alugueiro social nos concellos de menos de 20.000 habitantes, co emprego simultáneo das liñas de axudas de que dispón a Xunta de Galicia para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal.
O Parlamento demanda que os concellos valoren a calidade arquitectónica en canto ao cumprimento das condicións de edificación
Santiago, 26 de xuño de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, a través da que se insta á Xunta para que se dirixa a todos os concellos co fin de facilitar a aplicación do recollido na Lei do Solo de Galicia no referente ás propostas que se xustifiquen pola súa calidade arquitectónica en canto ao cumprimento das condicións de edificación.
O Parlamento demanda que a Xunta elabore unha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do Lérez
Santiago, 26 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular en En Marea, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta á elaboración, conforme a normativa vixente e ás directrices existentes respecto deste tipo de actuacións, dunha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do río Lérez, de tal forma que se garante que estes non afectarán a ningunha das rías galegas, en especial á ría de Arousa.
O PPdeG demanda que a Deputación de Pontevedra realice as xestións oportunas para a crear unha titulación oficial na Escola de Canteiros de Poio
Santiago, 26 de xuño de 2019.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira demandou hoxe no Pleno do Parlamento que a Deputación de Pontevedra, como administración titular da Escola de Canteiros, realice as xestións oportunas ante o Goberno central para poder impartir formación regrada que permita obter un título oficial de formación profesional, así como que se estude a posibilidade de homologar retroactivamente todos os títulos expedidos por esta Escola ao longo dos seus corenta anos de historia.
O Parlamento galego apoia a proposición de lei do Grupo Popular no Congreso contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal
Santiago, 26 de xuño de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de En Marea e BNG, e a abstención do PSOE, a través da que manifesta o seu firme apoio á proposición de lei Orgánica contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios, rexistrada no Congreso dos Deputados polo Grupo Popular.
O Grupo Popular propón ampliar os recursos de conciliación para os empregados públicos da Xunta
Santiago, 26 de xuño de 2019. A deputada do Grupo Popular Raquel Arias defendeu hoxe no Pleno que a Xunta elabore, coa participación das organizacións sindicais e unha vez aprobada a Lei de impulso demográfico, unha proposta para ampliar os servizos de conciliación para o persoal funcionario da Administración galega. Porén, lamentou profundamente “a negativa do PSOE para acadar consensos en materia de conciliación”, un aspecto “vital para as familias, para a igualdade, o fomento da natalidade e o reto demográfico”.
O PPdeG salienta que o Plan de Transporte Público da Xunta conseguiu que ningún galego quedase sen servizo e dou estabilidade aos traballadores
Santiago, 26 de xuño de 2019.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, salientou hoxe que o Plan de Transporte Publico posto en marcha pola Xunta en 2017 “conseguiu que ningún galego quedase sen servizo de transporte ao incrementar os servizos, coas novas modalidades de transporte a demanda e compartido, e dando estabilidade e seguridade a máis de 500 traballadores das liñas renunciadas”.