O Parlamento galego solicita a AENA o mantemento dun servizo de comedor nas condicións vixentes na cantina no Aeroporto de Lavacolla

Santiago, 5 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe de xeito unánime a proposición non de lei a través da que se solicita a AENA que introduza nos pregos de licitación do novo servizo de restauración do Aeroporto de Lavacolla as cláusulas necesarias que garantan o mantemento dun servizo de comedor nas condicións vixentes previstas no prego da cantina.

Seguir leyendo

O PPdeG solicita que Xunta, Goberno do Estado e concellos avalíen alternativas ao uso de herbicidas con glisofato no tratamento das cunetas da rede viaria

Santiago, 4 de xullo de 2019.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta, o Goberno do Estado e os concellos galegos avalíen alternativas que permitan reducir progresivamente o uso de herbicidas derivados do glisofato no tratamento das cunetas da rede viaria, restrinxindo a súa utilización naquelas zonas onde sexa necesario para garantir a visibilidade da estrada e de acordo a criterios de seguridade viaria.

Seguir leyendo