Santiago, 9 de xullo de 2019.- O Grupo Popular apoiará no Pleno a solicitude ao Goberno do Estado para que transfira a Galicia as competencias de xestión das bolsas de axuda ao estudo, así como os recursos económicos correspondente a elas.
O Grupo Popular demanda retomar a mesa de diálogo das artes escénicas para tratar a situación do Centro Dramático Galego
Santiago, 9 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Maribel Novo Fariña demandou hoxe no Pleno do Parlamento que se retome a mesa de diálogo, creada en 2017 coa participación das principais entidades do ámbito das artes escénicas galegas, para tratar da situación actual do Centro Dramático Galego (CDG) e do papel dunha compañía pública de produción teatral no contexto da Galicia do século XXI.
O Grupo Popular asegura que en Galicia estase a cumprir a Lei de saúde sexual e reprodutiva
Santiago, 9 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo afirmou hoxe no Pleno que desde o PPdeG “apoiamos inequivocamente a liberdade da muller e que elixan ou non ser nais”. Así mesmo, asegurou que en Galicia estase a cumprir a Lei de saúde sexual e reprodutiva, “como supoñemos que se fai no resto das comunidades autónomas, porque as leis están para cumprilas por todos os gobernos”.
O Parlamento aproba a Lei de Administración Dixital de Galicia para universalizar o uso e acceso da cidadanía aos servizos dixitais
Santiago, 9 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de Administración Dixital de Galicia, “coa que se compren tres principios básicos: presentar a documentación unha soa vez, con servizos personalizados adecuados ás necesidades das persoas e unha boa xestión dos recursos necesarios”, salientou a portavoz de Novas Tecnoloxías, Sandra Vázquez.