O GPP presenta unha batería de iniciativas para revitalizar a industria galega

Santiago, 5 de agosto de 2019. O viceportavoz do Grupo Popular Miguel Tellado presentou hoxe en rolda de prensa unha batería de iniciativas parlamentarias para revitalizar a industria galega, referidas ao  sector naval, da automoción e o sector enerxético, “tres sectores atacados por Pedro Sánchez e polo goberno socialista e que temos que defender, xa que dan emprego a milleiros de traballadores en Galicia”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego aproba a Lei de Patrimonio Natural, unha normativa ambiciosa que adapta aos tempos a normativa existente desde hai 18 anos

Santiago, 31 de xullo de 2019.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de Patrimonio Natural de Galicia, “unha norma ambiciosa que adapta aos tempos e ás necesidades actuais a normativa existente desde hai 18 anos”, manifestou o portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor. Así mesmo, salientou que “con esta nova lei Galicia será a primeira comunidade española en adaptar a normativa autonómica á lexislación estatal”.

Seguir leyendo