Santiago, 14 de agosto de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado indicou nas declaracións aos medios de comunicación que “o Goberno de España veranea estando en funcións coa chequera dos galegos, cunha chantaxe intolerable baseada no apoio á investidura ou os cidadáns se quedan sen sanidade ou educación, e eso é intolerable”.
O Grupo Popular solicita medidas que garantan o emprego e axuden a paliar os efectos da transición enerxética na central térmica das Pontes
Santiago, 14 de agosto de 2019.- O Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a garantir o futuro e o emprego e paliar os efectos da transición enerxética na central térmica das Pontes. Entre outras medidas, os deputados populares solicitan a supresión do céntimo verde para o carbón, ao igual que se ten realizado para outras tecnoloxías, como é o caso do gas, garantindo deste xeito a neutralidade tecnolóxica.