Santiago, 06 de setembro de 2019. A deputada popular Raquel Arias manifestou hoxe no Parlamento o indispensable papel do rural na recuperación demográfica nunha comunidade como a galega, “xeneticamente rural”. Neste sentido, destacou o “bo funcionamento” do Plan de fixación de poboación no rural 2017-2020, que un ano antes de rematar xa leva executado máis do 100 por cento do orzamento previsto inicialmente, de 232 millóns de euros”.
Tellado di que Pedro Sánchez ten medo a que os presidentes socialistas se poñan do lado de Feijóo
6, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que, despois de meses sen que o Goberno do PSOE queira atopar unha solución aos impagos ás comunidades -700 millóns de débeda no caso de Galicia-, “Sánchez teme que incluso as comunidades socialistas se pronuncien aínda con máis claridade e de forma máis rotunda” a favor dos argumentos da Xunta e de Feijóo fronte aos do Executivo central.
Tellado lamenta que o Goberno Central “se desentendese en todo momento” do conflito de Poligal
Santiago, 5 de setembro de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lamentou que o Goberno Central “se desentendese en todo momento” do conflito relativo ao peche da plante de Poligal en Narón. “O Ministerio nin está nin se lle espera e o delegado do Goberno segue vivindo nun mundo paralelo”, resumiu.