O Grupo Popular afirma que o Instituto Galego de Consumo está a disposición dos afectados polo IRPH para asesoralos e informalos

 

Santiago, 10 de setembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero afirmou hoxe no Parlamento que o Instituto Galego de Consumo e da Competencia “está a disposición dos consumidores galegos afectados polo índice de referencia de préstamos hipotecarios (IRPH) para asesoralos e informalos”, logo de que o avogado xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarara esta mañá que este índice debe estar sometido á tutela xudicial para saber se é abusivo ou non.

Seguir leyendo

O PPdeG asegura que Galicia “conta cunha ampla lexislación para tramitar axeitadamente e con garantías os proxectos de tratamento de residuos”

Santiago, 10 de setembro de 2019.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, asegurou hoxe no Parlamento que “Galicia conta xa cunha ampla lexislación urbanística e ambiental que permite tramitar axeitadamente e con plenas garantías a instalación de proxectos de tratamento de residuos, avaliando os posibles impactos e determinando se as propostas empresariais poden saír adíante”.

Seguir leyendo