20, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou este venres que Ana Pontón pretendese “desinformar” aos galegos sobre a realidade do naval na nosa Comunidade. Deste xeito, salientou que a portavoz nacional do BNG “critica que Feijóo se preocupe por un sector industrial clave, pero non se lle escoita dicir nada sobre que o Goberno Sánchez teña aos traballadores da ría de Ferrol de brazos cruzados pola parálise de proxectos coma as Fragatas F-110”.
Tellado: «O cartel electoral de Sánchez en Galicia serán os 700 millóns que nos debe e o 30% do Orzamento que quería recortar»
20, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que “o cartel electoral co que se vai presentar Pedro Sánchez en Galicia nas vindeiras Eleccións Xerais vai ser, dun lado, os 700 millóns que nos adebeda e, do outro, o 30% do fondos que nos quería recortar nos seus Orzamentos fallidos para poder subirlle un 60 a Cataluña”. “Este é un legado que Galicia non merece dun presidente que Galicia non necesita”, engadiu.
Jacobo Moreira critica que PSOE e BNG “escenifiquen no Parlamento as súas disputas locais cunha iniciativa sobre o transformador do CEIP Barcelos”
Santiago, 20 de setembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira criticou hoxe que “nacionalistas e socialistas escenifiquen no Parlamento galego as súas desavenencias no Goberno local de Pontevedra”, logo de que o Grupo Socialista apoie a reubicación nun novo emprazamento do transformador eléctrico sito do CEIP de Barcelos e o BNG se absteña a esta proposta.