Santiago, 4 de outubro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno galego a acometer a reforma integral do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo.
Tellado asegura que o obxectivo do PSOE foi sempre o peche da central térmica das Pontes
4, outubro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que “Pedro Sánchez, Teresa Ribera, Gonzalo Caballero e Javier Losada conseguiron o seu obxectivo: pechar a central térmica das Pontes”. “Todas as súas declaracións de preocupación, as súas fotos detrás dunha pancarta e as súas supostas reivindicacións son un paripé e unha farsa”, dixo insistindo en que o PSOE, desde que chegou ao Goberno, quixo pechar a central.
O Parlamento demanda avanzar na constitución e funcionamento dos montes de varas
Santiago, 4 de outubro de 2019.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta para que, antes e que remate o ano 2019, proceda a realizar as xestións oportunas para avanzar decididamente en todo o relativo a constitución e funcionamento dos montes de varas, así como a regulación do rexistro público correspondente.
O PPdeG afirma que a Xunta cumpre coa lexislación tramitando a proposta dunha universidade privada, que dependerá da aprobación dunha lei no Parlamento
Santiago, 4 de outubro de 2019.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, afirmou hoxe que a Xunta “está a cumprir coa lexislación vixente no procedemento de tramitación dunha proposta de creación dunha universidade privada en Galicia, un proxecto que dependerá da aprobación dunha lei no Parlamento galego”.
O PPdeG reitera a esixencia para que o Goberno central rectifique e incorpore a lingua galega no Certame Arquímedes
A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez reiterou hoxe no Parlamento a esixencia para que o Goberno central rectifique a súa decisión de incorporar á lingua galega, así como calquera outra lingua oficial española, no Certame Arquímedes, “sumándonos á solicitude que xa fixo o Goberno galego á secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desarrollo e Innovación hai un mes”.