Santiago, 8 de outubro de 2019. A deputada popular Raquel Arias asegurou hoxe no pleno do Parlamento que “o Goberno de Feijóo é o que puxo en marcha máis medidas para o impulso demográfico en Galicia, especialmente no rural”, ata tal punto que “xa ten aprobado un anteproxecto de lei que se debaterá antes de que remate o ano na Cámara galega”.
O PPdeG afirma que a futura lei para as dexeccións gandeiras “xerará un modelo comprometido, respectuoso co medio ambiente, eficiente e transparente”
Santiago, 8 de outubro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado afirmou hoxe que a futura lei para o sistema integrado de xestión de dexeccións gandeiras de Galicia “xerará un novo modelo altamente comprometido, respectuoso co medio ambiente, eficiente e transparente”.
O PPdeG demanda ao BNG que “deixen que os galegos decidan como, cando e onde queren falar galego ou castelán”
Santiago, 8 de outubro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez demandou hoxe ao BNG que “deixen que os galegos decidan como, cando e onde queren falar galego ou castelán”, e sinalou que “non conten co PPdeG para enfrontar o patrimonio cultural dos galegos e das galegas”. “Fronte ao monolingüismo empobrecedor estará o bilingüismo cordial”, manifestou.
O Grupo Popular subliña o compromiso do Goberno do PP de recuperar paulatinamente as retribucións do profesorado”
Santiago, 8 de outubro de 2019.- A portavoz de Educación do Grupo Popular, María Antón Vilasánchez, subliñou hoxe no Pleno do Parlamento “o compromiso do Goberno do Partido Popular de recuperar paulatinamente as retribucións do profesorado, pactando cos sindicatos as melloras retributivas que comezaron hai xusto un ano e que seguirán ata 2021”.
O PPdeG asegura que o obxectivo da nova Lei é garantir o abastecemento nos episodios de seca a todos os galegos
Santiago, 8 de outubro de 2019.- O proxecto de Lei de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario continuará a súa tramitación parlamentaria logo de superar esta mañá o debate de totalidade na sesión plenaria. O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, concretou que o obxectivo deste novo texto lexislativo “é garantir o subministro de auga en cantidade e calidade a todos os galegos”.