O PPdeG presentará iniciativas no Parlamento e na Deputación para impedir que o Goberno de Sánchez “traia para Lugo trens máis vellos, máis lentos e máis incómodos

Monforte, 16 de outubro de 2019. As deputadas autonómicas Raquel Arias e Julia Rodríguez e a deputada provincial e alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, mantiveron hoxe unha xuntanza con rexedores e voceiros do PP da zona sur de Lugo para abordar a situación das conexións ferroviarias da provincia. Un encontro no que os asistentes amosaron a súa preocupación pola “constante precarización” dos servizos ferroviarios que afectan aos lucenses, derivado “da falta de prazas para longa distancia, das deficiencias nas infraestruturas, da ausencia de plans que melloren a conectividade da provincia con Galicia e co resto de España ou do incumprimento dos prazos para a chegada do AVE”.

Seguir leyendo