Santiago, 23 de outubro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, incidiu hoxe no Pleno do Parlamento que o pago das entregas a conta por parte do Goberno central a Galicia “chega tarde e chega incompleto”, porque faltan os 200 millóns da mensualidade do IVE de 2017 e os 170 millóns das compensacións por ser unha comunidade cumpridora en materia de déficit e débeda. “O Goberno central estanos privando de capacidade de gasto a cambio de que eles incumpran un pouquiño menos a regra de gasto”, indicou.
O Parlamento galego esixe ao Goberno central un cambio na súa política enerxética para garantir a continuidade da central térmica das Pontes
Santiago, 23 de outubro de 2019. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, transaccionada co Grupo Socialista, a través da que se esixe ao Goberno Central que rectifique a súa política enerxética e tome as medidas necesarias que permitan garantir o funcionamento da central térmica das Pontes de García Rodríguez o tempo necesario para acadar unha alternativa viable, así como que proceda á negociación urxente dun convenio de colaboración para a posta en marcha da Estratexia de Transición Xusta en Galicia, como xa está a facer na maioría das comunidades autónomas, e que inclúa a Galicia nas axudas europeas para as zonas mineiras afectadas pola transición enerxética.
O Grupo Popular afirma que Galicia está preparada para minimizar os efectos dun bréxit abrupto
Santiago, 23 de outubro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos manifestou hoxe no Pleno que “todos desexamos que o Parlamento británico dea luz verde esta semana ao acordo para unha saída negociada do Reino Unido da Unión Europea, minimizando os efectos deste erro histórico froito do populismo”. “Se non fose así, teñan a completa seguridade de que atoparán á Xunta de Galicia preparada para minimizar os perniciosos efectos dun brexit abrupto”, manifestou.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central actuacións para evitar a suba de peaxes e mellorar os accesos na AP-9
Santiago, 23 de outubro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demandan ao Goberno central diversas actuacións relacionadas coa AP-9 para evitar a suba de peaxes, mellorar os seus accesos, a liberación da peaxe de Redondela e a posta en marcha de bonificacións para os usuarios frecuentes.
O Grupo Popular insiste en que a Xunta esixa o vixíe o cumprimento do concerto co Hospital POVISA
Santiago, 22 de outubro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, insistiu hoxe na necesidade de que a Xunta esixa e vixíe o cumprimento do concerto co Hospital POVISA de Vigo, diante da posibilidade do cambio da titularidade do mesmo, garantindo a calidade asistencial nesta área sanitaria e o mantemento dos postos de traballo deste centro médico.
O Grupo Popular salienta que Galicia é a segunda comunidade española con máis potencia renovable instalada
Santiago, 23 de outubro de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, salientou hoxe no Pleno do Parlamento que “Galicia é a segunda comunidade española con máis potencia renovable instalada, co 66 por cento da enerxía xerada e o 86 por cento da enerxía consumida de orixe renovable”. “Con estes datos, superamos con creces os obxectivos marcados pola Unión Europea”, asegurou.